viernes, 30 de octubre de 2009

Visita de dous xogadores do COB

Hoxe recibimos a visita de Gonzalo e Rolando, dous xogadores do COB.

Estivemos facéndolles preguntas sobre eles e o baloncesto, sacamos fotos con eles e tamén nos firmaron autógrafos nunha foto que nos deron. Pasámolo moi ben

lunes, 26 de octubre de 2009

Os froitos do outono

Nas clases de plástica estivemos decorando diferentes froitos do outono.Ás cabazas puxémoslle castañas de ollos, noces de nariz...., as granadas decorámolas con plastilina.....

Cando rematamos fixemos unha exposición cos nosos traballos.

viernes, 16 de octubre de 2009

Mañá de cine



Hoxe a mañá estivemos vendo a película "WALL-E" na que se traballan diferentes valores. Despois falamos un pouco sobre a temática da mesma e chegamos a conclusión de que temos que coidar o noso planeta, que temos que facer exercicio e alimentarnos ben...

Coa película reflexionamos un pouco e ademáis pasámolo moi ben.