martes, 22 de diciembre de 2009

lunes, 21 de diciembre de 2009

Bo Nadal

Recibimos correo de Monforte





Hoxe recibimos as tarxetas de Nadal dos nosos amigos de Monforte. Algúns tamén nos escribiron unha carta e mamdáronnos a súa foto.


Son todas moi bonitas. Grazas

viernes, 18 de diciembre de 2009

¿Sabes quen é o Apalpador?


Moito antes de que a sociedade de consumo importase dos países nórdicos a Papá Noel, en Galiza xa habitaba a figura mítica do Apalpador.

O Apalpador é un home de barba rubia, un vello xigante, que vive nas devesas das altas montañas facendo carbón para escorrentar o frío do inverno.

Na noite do 24 de decembro baixa ata as aldeas, métese polas chemineas nas casas e achégase aos nenos e ás nenas que dormen ao remol das mantas e apálpalles as barrigas para ver se os cativos están ben alimentados. Dálles un bico na meixela e déixalles unha presa de castañas para que non pasen fame.

O Apalpador é moi lambeteiro e se os nenos lle deixan un calcetín ou uns zapatos con algo doce para axudarlle a andar toda a noite visitando todas as casas de todos os nenos galegos, el entrégalles os agasallos de madeira, tea e cartón que fixo coas súas mans no tempo de lecer do resto do ano. Ao Apalpador gústanlle máis os xoguetes feitos á man con materiais naturais como a madeira ou o barro, cheos de cariño e respectuosos co medio ambiente, que aqueles de plástico, automáticos e con pilas que gastan moita enerxía e empobrecen os nenos e nenas doutras partes do planeta.

(Debuxo de Sara)

(A tradición, recollida por José André López González nas comarcas do Courel e do Cebreiro)

martes, 15 de diciembre de 2009

Suspensión das clases para o 16 de decembro

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 15 decembro 2009
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria decidiu, como medida de precaución, a suspensión das clases en todos os centros educativos de Galicia durante a xornada de mañá, 16 de decembro.Esta medida tómase en base á predición, feita pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), dun fenómeno meteorolóxico adverso con precipitacións en forma de neve que afectarán á Comunidade Autónoma de Galicia en cotas baixas a partir das 00.00 horas oficial do mércores 16 de decembro.
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Postais para os amigos de Monforte

Estas son as postais que fixemos para mandarlle aos nosos amigos de segundo do Colexio Novo de Monforte.
Esperamos que lles gusten e desexámoslles que pasen un Bo Nadal e que o pasen moi ben nas vacacións.
ATA LOGOOOO

viernes, 4 de diciembre de 2009

O noso super


Dende fai tres semanas temos un super na clase. Todos os nenos e nenas trouxemos caixas,botes e botellas vacias de diferentes alimentos, logo fixemos uns carteis cos prezos de cada cousa.
Na clase de matemáticas xogamos a que uns son compradores e outros dependientes e temos que facer as contas para saber canto lle temos que cobrar a cada un e tamén aprendemos a pagar coas diferentes moedas e billetes.

jueves, 3 de diciembre de 2009

O ciclo da auga

Como estamos estudando os estados da auga, o ciclo da auga e temén a contaminación desta, propóñovos ver este vídeo.

Falan nun idioma moi parecido ao noso. ¿Sabes de que idioma se trata?