viernes, 4 de junio de 2010

Mañá de teatro

Hoxe a mañá estivemos vendo dúas obras de teatro: "Era unha vez unha clase..." (Obra interpretada por profesores da ESO) e "O autobús" (Interpretada polos alumnos/as de 6º de Educación Primaria).
Pasámolo moi ben e fíxonos moita gracia ver aos profes facendo de alumnos.

Teatro

jueves, 3 de junio de 2010

XABIER BLANCO


Como xa sabedes estamos a celebrar unha semana cultural adicada as Nosas Letras.
Hoxe veu o músico Xabier Blanco que nos ensinou que se pode facer música non só cos instrumentos tradicionais, senón que tamén se pode facer música cunha lata, un corno de vaca, unha pedra de afiar...

miércoles, 2 de junio de 2010

A Esmorga

Onte, os nenos e nenas de segundo estivemos vendo unha representación de "A Esmorga", foron os alumnos/as da ESO os que representaron esta obra con bonecos que movían coas súas mans.
Foi moi graciosa e pasámolo moi ben.

Excursión a Vigo e a Cangas