viernes, 30 de abril de 2010

Un regalo para mamá



Para celebrar o Día da Nai os nenos e nenas de segundo fixemos na clase de plástica un regaliño para as nosas nais.
Esperamos que lles guste e queremos mandarlles moitos, moitos BICOS.


Felicidades MAMÁ!

lunes, 12 de abril de 2010

"Os catro da Xunqueira"

Hoxe a mañá fomos ao ximnasio do cole ver o grupo "Ponte nas Ondas" que nos ofreceu unha representación musical que se chamaba "Os catro da Xunqueira".
Pasámolo moi ben con este grupo que interpretaban diferentes personaxes: un avó, un galo, un can e unha gatiña que formaron un grupo musical.