lunes, 9 de noviembre de 2009

Monicrequeando



Hoxe vimos unha obra de teatro moi especial: "A rebelión do monicreque".
É moi especial porque os actores principais non son dous actores calquera, senón Anteollos e Trapos, dous monicreques con ganas de vivir aventuras.
Esta obra serviunos ademais de para pasar un anaco cheo de intriga e aventuras, tamén para descubrir os monicreques e comprobar que é un xeito grande e fermoso de divertirnos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario