martes, 5 de octubre de 2010

Comeza un novo curso

Pasou o verán e comezamos un novo curso.Xa somos alumnos do 2º ciclo de Primaria!. Como xa medramos decidimos que o nome do noso antigo blog "Os pequechos" non era o máis axeitado e decidimos chamalo "Os Faíldiños".
Neste blog poderedes ver vídeos de interese, fotos nosas, saídas, actividades realizadas no colexio e tamén algúns traballos aos que nós mesmos daremos entrada.
Esperamos que vos guste e que visitedes moitas veces o noso blog e fagades algún comentario.

ATA PRONTO

No hay comentarios:

Publicar un comentario